quinta-feira, 29 de maio de 2008

carteis que deseñei para un concurso de carteis de Mos

Son dúas liñas de deseño (unha máis figurativa e alegre, e a outra máis simbólica e cun xeito máis de deseño, pero ningunha das dúas excesivamente minimalista) ben diferenciadas para ver se así aumentaba as miñas posibilidades de obter o premio do Concurso de Carteis para a Festa da Rosa 2008. Pero non puido ser, e non acertei co gusto do xurado. Alá eles (e acá eu, pero sen os 700 €uros de premio).